InicioSociedadeUnha voda deixa 43 positivos na Pastoriza, Meira e Castro de Rei

Unha voda deixa 43 positivos na Pastoriza, Meira e Castro de Rei

Outras 110 persoas permanecen en corentena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un gromo orixinado posiblemente nunha voda celebrada o pasado fin de semana na cidade de Lugo deixou polo menos 43 positivos por covid-19 ata en tres municipios, A Pastoriza, Meira e Castro de Rei.

Segundo confirmaron fontes do Sergas a Europa Press, polo momento detectáronse 43 casos de coronavirus asociados a este foco de contaxios que permanecen en seguimento nos seus domicilios, mentres outras 110 persoas permanecen en corentena.

A este respecto, o alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, asegurou que a situación se atopa “normalizada”, tal e como subliñou que estaba “ata hai pouco”, “con certa tranquilidade e normalidade”. No entanto, recoñeceu que os focos que “aparecen de súpeto” causan “intranquilidade” e “desconfianza” respecto dunha saída desta “pandemia que tanto dano provoca”.

En concreto, Primitivo Iglesias explicou que o noivo da voda na que poderían producirse os contagios reside nunha parroquia da Pastoriza. Con todo, matizou que “aínda que ía e viña” a casa dos seus pais, “facía máis vida en Meira”, onde conta cun establecemento comercial.

Así mesmo, o alcalde atribuíu esta situación á “mala sorte” de que un evento “tan importante como é unha voda” e que “se celebra con tanta expectativa e alegría” se converta nun foco de contaxios. “Espero que sexa un accidente pasaxeiro”, confiou o rexedor.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...