InicioSociedadeAlumnado do CEIP Poeta Avelino Díaz recolle un premio pola súa curta...

Alumnado do CEIP Poeta Avelino Díaz recolle un premio pola súa curta ‘Maruxa’

"En galego podedes gozar dos libros, da tele, do cine... E podedes facelo como receptores, pero tamén como creadores", destacou o secretario xeral de Política Lingüística no acto de entrega dos Premios a curtas de animación "Nós tamén creamos!", certame no que foron distinguidos alumnas e alumnos de Meira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alumnas e alumnos do CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira recolleron esta mañá en Santiago o galardón conseguido coa súa curtametraxe Maruxa. A peza audiovisual, desenvolvida durante o curso pasado, obtivo un recoñecemento nos ‘VIII Premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!’, organizados pola Xunta de Galicia en colaboración coa CRTVG e con OQAeditora.

O acto de entrega dos galardóns tivo lugar esta mañá do 28 de febreiro en Santiago de Compostela e nela participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. “O máis importante deste premio non é o acto de hoxe, senón todos eses meses en que profesores e estudantes traballastes xuntos nas vosas curtas, un proxecto ilusionante que vos permitiu expresar a vosa creatividade empregando a lingua galega”, destacou García.

Foto de familia no acto de entrega dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’ | ALX

“En galego podedes gozar dos libros, da tele, do cine… E podedes facelo como receptores, pero tamén como creadores“, engadiu o secretario xeral para resaltar un dos obxectivos principais do certame: fomentar o uso da lingua galega entre a rapazada.

Xunto con Valentín García, participaron na entrega a directora adxunta á dirección da CRTVG,  Rosa Vilas; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Juan Carlos Varela; e o responsable da área audiovisual de OQOeditora, Borja Guerrero. O acto foi presentado polos Bolechas, coñecidos personaxes infantís que, unha vez finalizou a entrega de premios, desenvolveron unha actividade de dinamización lingüística para os cativos e cativas.

OUTROS CENTROS PREMIADOS

O CEIP Poeta Avelino Díaz impúxose na categoría de 3º e 4º de Educación Primaria coa súa curta Maruxa, pero tamén resultaron premiados alumnas e alumnos doutros centros galegos. Na categoría de educación infantil, gañou o CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo con Cantas pingas na cidade. O CEE Terra de Ferrol fíxose co galardón na categoría de 1º  2º de Primaria con Andrés Cabeza Abaixo. 

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...