InicioSociedadeMorre de covid José Ramón Ónega, delegado da Casa de Galicia en...

Morre de covid José Ramón Ónega, delegado da Casa de Galicia en Madrid

É natural de Pol e irmán do xornalista Fernando Ónega. A Xunta destaca que "é o mellor embaixador que tivo Galicia en Madrid".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, faleceu nas últimas horas na capital española vítima do covid-19, segundo informaron a Europa Press fontes da administración autonómica.

Nacido en Pol (Lugo) no ano 1939 e irmán do xornalista Fernando Ónega, ocupaba o cargo de delegado da Casa de Galicia desde o ano 2009.

José Ramón Ónega, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago (USC), foi gobernador civil de Zamora (de 1979 ao 82) e de Biscaia (1982). Ao longo da súa traxectoria desempeñou distintos cargos no Ministerio do Interior, ademais de publicar varios libros e colaboracións en prensa.

XUNTA

Pola súa banda, a Xunta de Galicia expresou a súa pesar polo falecemento do delegado da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, a quen o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, definira como “o mellor embaixador que Galicia puido ter en Madrid”.

A Xunta agradece o esforzo de Ónega, que formaba parte “desa ampla lexión de galegos que souberon galleguizar Madrid”, por facer da Casa de Galicia un lugar “coas portas abertas para a sociedade, a cultura ou as empresas con raíces” en terra galega.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...