InicioSociedadeA Xunta pecha unha residencia privada na Fonsagrada tras unha denuncia por...

A Xunta pecha unha residencia privada na Fonsagrada tras unha denuncia por malos coidados aos usuarios

Os servizos sociais do Concello enviaron un escrito á Xunta e á Fiscalía logo de recibir "vídeos e fotografías" que evidenciaban "malos coidados" aos usuarios da Vivenda comunitaria Burón I e II. A directora do centro desmente esa información e asegura "non saber de onde sae". Os anciáns están a ser trasladados ao HULA para unha revisión médica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE/EP/Redacción | A Xunta de Galicia ordenou o peche cautelar da Vivenda Comunitaria Burón I e II, no concello da Fonsagrada, tras unha inspección realizada a raíz dunha denuncia por malos tratos aos usuarios do centro. Todas as persoas maiores están a ser trasladadas ao HULA para un chequeo e posteriormente serán recolocados noutras residencias ou irán á casa dalgún familiar.

Os servizos sociais do Concello da Fonsagrada remitiron onte un escrito á Fiscalía e á Xunta de Galicia para alertar sobre a existencia de supostos malos tratos neste centro, situado na Proba de Burón, despois de que unha persoa lles fixera chegar tal información a través “de material fotográfico”. 

Persoal da Xunta de Galicia, acompañado da Garda Civil, realizou unha inspección in situ “durante varias horas” no día de onte. Así, puideron constatar a situación e condicións inadecuadas dos usuarios (un total de 29 nun centro con 23 prazas).

“MALOS COIDADOS”

O alcalde da localidade, Carlos López, precisou que os servizos sociais do Concello da Fonsagrada carecen de “competencias para intervir” neste caso, porque se trata dunha “residencia privada”, de modo que o Concello, despois de ver as imaxes achegadas polo denunciante, tomou a decisión de poñer o caso en coñecemento do ministerio público e da Consellería de Política Social.

“Vídeos e fotografías” cedidas por unha “persoa que prefire non dicir o seu nome”  acompañaron o escrito de denuncia, segundo explica o rexedor municipal en declaracións ao Lugo Xornal.  “Esta persoa comunicounos que alí se producían malos coidados. Eu non me atrevo a dicir malos tratos, pero malos coidados si”, engade, para subliñar que tal información xa fora adiantada á Xunta hai un mes.

TRASLADADOS AO HULA

O rexedor confirma, ademais, que “os residentes están pendentes de ser trasladados ao HULA para unha revisión médica” e para ser sometidos ás probas do coronavirus. Logo diso, serán recolocados en distintos centros ou pasarán á vivenda dalgún familiar.

O CENTRO NÉGAO

Pola súa banda, a directora do centro desmentiu toda a información e asegura “non saber de onde sae”.  Preguntada polo Lugo Xornal, nega a inspección e descarta rotundamente que na residencia se produciran malos tratos aos usuarios da mesma.

+ posts

ÚLTIMAS

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...

Homenaxe á exalcaldesa de Lugo Paula Alvarellos cunha estatua na Praza Maior

A cidade de Lugo homenaxeou á exalcaldesa Paula Alvarellos co descubrimento dunha estatua na...

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...