InicioAncaresNegueira de Muñiz: Cando a xente moza decide repoboar o concello con...

Negueira de Muñiz: Cando a xente moza decide repoboar o concello con menos habitantes de Galicia

En Lugo son xa 26 os concellos que nos últimos 38 anos baixaron en poboación á metade ou mesmo máis. Negueira de Muñiz pasou de 437 a 212 veciños en menos de 40 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos oficiais do padrón de 2019 supuxo para Galicia caer da barreira simbólica dos 2,7 millóns de habitantes. A Comunidade continúa así cunha caída demográfica arrastrada desde 2010, pero para unha esmagadora maioría de concellos –245 dun total de 313– a perda de poboación é constante desde fai, polo menos, 40 anos.

De acordo co padrón municipal a 1 de xaneiro deste ano, publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), tan só 68 municipios da xeografía galega gañaron habitantes desde 1981. Mentres creceron grandes concellos como A Coruña e Vigo, así como as súas áreas de influencia, hai outras localidades, a gran maioría nas provincias de Lugo e Ourense, nas que ocorre totalmente o contrario.

En Lugo son xa 26 os concellos que nos últimos 38 anos baixaron en poboación á metade ou mesmo máis. Por iso, cabe resaltar caídas de máis do 70% en Navia de Suarna, que contaba con 3.773 veciños en 1981 e con 1.081 este ano; e en Muras, que pasou de 2.228 a tan só 642.

NEGUEIRA DE MUÑIZ, O MENOS POBOADO

Tras unha estrepitosa evolución demográfica que en case 40 anos fíxolle perder oito de cada dez dos seus veciños, A Teixeira é agora, con 316 habitantes, o segundo municipio con menor poboación de Galicia. O primeiro, con 215 habitantes, atópase máis ao norte, en Lugo: Negueira de Muñiz.

O seu alcalde, José Manuel Braña, explicou a Europa Press que o problema “non é ter máis habitantes ou menos, senón a ruralidade”, xa que “non é o mesmo ser un concello pequeno preto da capitalidade” que en zonas máis illadas.

“O problema que ten é a escaseza de recursos de todo tipo: persoais, económicos culturais… Un compendio. Nun concello pequeniño pódense facer moitas menos cousas”, afirma, á vez que critica a “descomarcalización” de servizos.

Preguntado sobre unha posible solución para evitar o baleirado do rural, Braña aposta por un “cambio de política”. “Seguimos sendo cidadáns de segunda”, lamenta, pondo como exemplo o “peor” servizo de Internet do que dispoñen e os “100 quilómetros” que deben facer para ir ao hospital.

“Negueira sempre foi un municipio de pouca poboación”, explica Braña, xa que en 1981 tamén era o máis despoboado de Galicia con 437 veciños. A cifra actual de 215 persoas implica que a caída estivo paliada en parte por “unha comuna ‘hippie'” que se asentou nos 80 e que agora está a revivir.

No entanto, o rexedor rexeita a etiqueta de ‘hippie’ para estas persoas na actualidade: “É xente nova que ten unha concepción da vida diferente”. Pero o certo é que, grazas a eles, a escola municipal reabriu este curso tras 7 anos pechada por falta de nenos.

“NADA APOIADOS”

O alcalde de Negueira de Muñiz considera que os concellos da ‘España baleirada‘ non están “nada apoiados” por administracións como a Xunta ou o Estado. “Pero nada de nada de nada”, insiste. E isto é así porque “a política se basea ao final en contas de votos e os votos están nas cidades”. “Perdeuse o respecto institucional”, engade.

Neste diagnóstico parece coincidir o alcalde da Teixeira, Miguel Antonio Cid: “Fas peticións con todo o interese como mellora de camiños, de abastecementos, doutras infraestruturas e non son atendidas porque claro, a presión da poboación é pequena”. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Lugo avoga por que a esquerda “axunte esforzos” na súa provincia para evitar “voto inútil”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considera que a esquerda "debe axuntar esforzos", tamén na...

A provincia de Lugo desprega 112 operarios e 64 máquinas para garantir a seguridade viaria este inverno

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou o plan de viabilidade invernal para...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Trasladan ao hospital a un home tras un atropelo en Castro de Rei

Un home de 50 anos resultou ferido e tivo que ser trasladado a un centro...