InicioPolíticaArgelio Fernández espera que o PSdeG se recupere da “focha” na Fonsagrada

Argelio Fernández espera que o PSdeG se recupere da “focha” na Fonsagrada

Fernández Queipo expresou o seu desexo de que a súa renuncia sirva para que o Partido Socialista recupere a maioría que conservou nos últimos mandatos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde da Fonsagrada Argelio Fernández Queipo, cuxa decisión permitiu que outro compañeiro da candidatura socialista obtivera o mando, dixo sentirse apoiado polo seu partido e desexou que esta substitución no Concello permita superar a “fochanca” do PSdeG nas últimas eleccións locais.

“Foi unha decisión miña, persoal. Supoño que no BNG ían absterse” e, por tanto, “ía gobernar o Partido Popular, que foi a lista máis votada”, explicou Fernández Queipo, despois de deixar a Alcaldía da Fonsagrada en mans do seu compañeiro Carlos López, que si contou co voto dos nacionalistas para a investidura.

“Tiven o apoio do meu partido, por suposto. En todo momento dixéronme que a decisión era miña. Entendín que a decisión era esta. Hai que mirar cara adiante, aínda que sexa doloroso deixar así a Alcaldía. O importante é que o Partido Socialista segue gobernando na Fonsagrada“, precisou.

Ademais, Fernández Queipo expresou o seu desexo de que a súa renuncia sirva para que o Partido Socialista recupere a maioría que conservou nos últimos mandatos, ata as pasadas eleccións do 26 de maio, nas que empatou co PP en número de concelleiros, pero con menos votos.

“Espero que o partido se recupere desta fochanca, que seguramente foi pola miña culpa”, engadiu.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...