InicioCulturaFala Ceibe sinala a falta de protección do galego en Castela e...

Fala Ceibe sinala a falta de protección do galego en Castela e León

O informe sobre o cumprimento da Carta Europea denuncia o precario recoñecemento do galego e as carencias do ensino

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Fala Ceibe, do Bierzo, foi convidado pola Mesa de Normalización Lingüística para examinar a situación do galego en Castela e León, en relación ao cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. A resposta ao V Informe conclúe que existen “graves carencias no ensino”, “insuficiente recoñecemento e protección”, e falta de medios para facer efectiva a normalización.

Estas apreciacións engádense ás advertencias da Mesa, que constata que o Goberno central e maila Xunta de Galicia incumpren os dereitos lingüísticos dos galegos. O escenario nas comarcas estremeiras é aínda máis complicado pola ausencia de leis contundentes, a incapacidade das administracións locais e a falta de vontade para ofertar educación en galego. Esta problemática afecta a unha estimación de cinco mi galegofalantes das Portelas de Alta Seabra (Zamora), e arredor de trinta mil do Bierzo occidental (León).

Carencias no ensino

Dende 2001, a Xunta de Galicia asume un protocolo para a promoción do galego nestas zonas, do que benefícianse no actual curso un total de 1.101 estudantes de dezanove centros, amén da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. Porén, hai escolas do rural que non ofertan aulas en galego. É o caso de Veiga de Valcarce, Carracedelo, Viladepaos, Quilous ou Fabeiro.

A administración autonómica castelá alega que non hai demanda na comunidade escolar, e que non hai alumnado abondo para adicar profesorado específico. En resposta, Fala Ceibe propón que o galego sexa de oferta obrigatoria, presente en todos os ciclos educativos, e sen límite de estudantes para acceder a estas aulas.

Recoñecemento legal

Candín | Asociación Ancares Bierzo
Candín | Asociación Ancares Bierzo

Esta necesidade entronca co precario recoñecemento que adica ao galego o Estatuto de Castela e León. Para protexer os dereitos dos galegofalantes, a solución pasaría pola reforma do acordo estatutario, vencellando a oficialidade da lingua galega, unha nova Lei de Linguas Minoritarias para protexer e incentivar asemade o leonés e o eusquera de Trebiño.

Así as cousas, os medios da administración local nas comarcas do Bierzo e Sanabria son limitados. Fala Ceibe indica que as medias de normalización lingüística deben ser asumidas polo Consello Comarcal do Bierzo, ente con capacidade técnica e de persoal para crear un servizo especializado.

Por último, o informe esixe a modificación da Lei do Réxime Local de 1998 que obriga a denominar os concellos en castelán, así como un protocolo de colaboración coa Xunta para o uso do galego nos entes locais de León e Zamora, outro convenio coa Comisión Toponímica de Galicia, e a axuda das universidades galegas, o Instituto de Lingua Galega e a Real Academia Galega para salvar os atrancos políticos.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...