InicioBierzoUnha viaxe reivindicativa en tren Ponferrada- O Barco para celebrar o bicentenario...

Unha viaxe reivindicativa en tren Ponferrada- O Barco para celebrar o bicentenario do Bierzo

A actividade busca reivindicar o mantemento do tren rexional Ponferrada- Vigo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Como conmemoración do Bicentenario da creación provincial do Bierzo á vez que como reividicación do mantemento da liña rexional Ponferrada- Vigo, o colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo organiza unha viaxe en tren este sábado 24 de xullo ata O Barco de Valdeorras. Trátase, segundo indica o colectivo, de “dar a coñecer aos bercianos e ás bercianas a próxima comarca galega e promocionar a celebración provincial mediante este peculiar irmandamento turístico”. A saída en tren está prevista para este sábado 24, ás 6.15 horas dende a estación ferroviaria de Ponferrada.

Segundo explican dende o colectivo, toda a viaxe contará cun guía turístico que ofrecerá as “oportunas” explicacións históricas aos viaxeiros durante o percorrido. Unha vez finalizada a travesía, que durará 45 minutos, os participantes subirán a pé á vila do Castro. Despois baixarán cara Viloira e de volta ao Barco pasearán polo casco antigo ata a Casa do Concello e percorrerán o Malecón. O tren rexional partirá ás 18.45 horas con dirección a Ponferrada.

 

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...