InicioSucesosO frade do Cebreiro afronta ata 17 anos de cadea por abuso...

O frade do Cebreiro afronta ata 17 anos de cadea por abuso sexual

O relixioso do santuario do Cebreiro está acusado de abusar dunha menor e dun mozo con minusvalía psíquica, ademais de elaborar material pornográfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 17 anos de cadea para o frade do Cebreiro, José Quintela, por abusos sexuais e pornografía con menores. Os feitos aconteceron na casa particular do relixioso e na sancristía do santuario, o primeiro do Camiño Francés en Galicia, e involucraron a unha menor de idade e un rapaz con minusvalía psíquica. Así o recolle GaliciaConfidencial.

Ademais da pena de prisión, o Ministerio Público solicita a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros á menor e comunicarse con ela durante 12 anos, así como unha indemnización de 9.000 euros. Do mesmo xeito, solicita que se prohiba que se achegue durante 3 anos ao outro mozo e que o indemnice con 2.000 euros por danos morais.

No escrito exponse que o frade coñeceu á menor, “cun coeficiente intelectual moi próximo a unha capacidade intelectual límite”, cando esta contaba 16 anos de idade. Foi antes do verán de 2014 que estabeleceron contacto a través de Facebook, intre a partir do cal o monxe do Cebreiro foi gañándose a súa confianza. En setembro, propúxolle á xove que o acompañara a unha vivenda da familia en Ourense para “axudarlle a limpar e recoller a casa, ofrecéndolle diñeiro por iso”.

Segundo consta no relato, a menor obtivo o permiso dos pais e acudiu co frade á vivenda. O acusado, que nese momento tiña 56 anos, apelou “á compaixón da menor”, asegurando que se atopaba “moi só”. Durante a noite, o home entrou na habitación da menor e “comezou a bicala e a realizarlle tocamentos”. Trala negativa da rapaza, cesou e quedou “a durmir ao seu lado e ao día seguinte deulle uns 100 euros”.

Encontros sexuais e material pornográfico

A continuación, a menor deixou de contestarlle a través da rede social e evitaba o contacto con el. Porén, trala petición do frade, accedeu “a perdoalo, pedíndolle que non volvese suceder”. En novembro do mesmo 2014, a menor accedeu a acompañalo de novo á casa, onde “mantiveron por primeira vez relacións sexuais, entregándolle ao día seguinte diñeiro”.

Ata febreiro de 2015 mantiveron “varios encontros sexuais” na sancristía do Cebreiro. O acusado tomou imaxes de contido sexual co teléfono e instou á moza a que fixese o mesmo con el. A Fiscalía explica que entre novembro e febreiro entregou ata 900 euros á menor.

O procesado levou entón á vivenda a un mozo de 20 anos con minusvalía psíquica do 40 por cento e discapacidade intelectual leve, “que lle impide posuír un xuízo crítico suficiente”, co gallo de “ir de festa” a cambio de cartos. Os tres cearon e “beberon dúas botellas de ron”, e despois o frade mantivo relacións sexuais coa menor, realizando tocamentos “sen penetración” ao terceiro.

Consta no escrito da Fiscalía que á mañá seguinte tentou penetralo, mais desistiu cando o rapaz lle pediu que parase. O relixioso entregoulle 150 euros. Posteriormente, tratou de convencer á menor “en dúas ou tres ocasións” de volver manter relacións cunha terceira persoa, mais ela negouse.

O Ministerio Público sostén que os feitos narrados son constitutivos dun delito continuado de “abuso sexual con prevalemento e acceso carnal”, polo que pide 10 anos de prisión, así como dun delito continuado de “utilización de menor de idade para a elaboración de material pornográfico”, polo que solicita outros 5 anos de cárcere. Así mesmo, considera que o acusado cometeu outro “delito de abuso sexual” polo que pide 2 anos de cárcere.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...