InicioSociedadeTransportes asegura que o próximo verán estará reconstruído un dos viadutos da...

Transportes asegura que o próximo verán estará reconstruído un dos viadutos da A-6

Estas obras evitarán o desvío.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, asegurou que o próximo verán estará reconstruído un dos viadutos da A-6 no Castro, que servirá como alternativa ao desvío actual, despois de que esta infraestrutura se derrubase o pasado mes de xuño.

Así o sinalou ante os medios de comunicación este venres en Vigo, ata onde viaxou para recibir a Medalla de Ouro da cidade. Pardo de Vera explicou que o Ministerio xa dispón dos informes correspondentes que explican a causa da caída de parte da estrutura da ponte.

Ademais, indicou que a solución pasa pola demolición de ambos os viadutos e a modificación da súa tipoloxía construtiva por unha nova ponte hiperestática con vans de esforzos redundantes, os cales “colaboran uns cos outros”.

Daranse as explicacións de todos os periciais que se fixeron do derrube e o ano que vén pretendemos xa poder dar paso por un dos viadutos reconstruído cun taboleiro absolutamente novo e con toda a certidumbre. Iso é o que esperamos para o verán do ano que vén”, sentenciou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...