InicioAncaresMorre o rei dos romances, o Ribeira de Louzarela

Morre o rei dos romances, o Ribeira de Louzarela

Tiña 94 anos e era un dos principais impulsores dos brindos e romances.

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Eu sabíache moitos cantares. Antes cantabamos seguido: cando iamos á sega, cando iamos á feira…”. Morreu o rei dos brindos, o rei dos romances. Antonio Río Montero, o Ribeira de Louzarela, marchou coa súa música aos 94 anos.

O Ribeira era un dos últimos representantes dun estilo musical que estivo a piques de desaparecer e que colleu pulo nos últimos anos grazas, sobre todo, a homes como Antonio Río. Kike Estévez, filólogo e profesor e impulsor da aCentral Folque, e autor do monográfico O Ribeira da Louzarela, brindador da dentro destacaba hai uns meses neste xornal as orixes destes cantos e a importancia de figuras como a do Ribeira.

“Antes era unha profesión que tiña moitos seguidores, era como ter un título. Agora os máis novos xa non queren seguir e é unha pena”, lembraba o Ribeira de Louzarela que chegou a ser moi coñecido en toda Galicia.

Os brindos e os romances tiveron moito pulo en tempos pasados e o Ribeira de Louzarela é o mellor exemplo diso. De feito, o Ribeira, con noventa e tres anos de Antonio Río, non tiña impedimento ningún en improvisar os seus brindos como se ve neste vídeo do é-brindo.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...