InicioSucesosRevisan as contas bancarias do desaparecido en Navia, do que segue sen...

Revisan as contas bancarias do desaparecido en Navia, do que segue sen haber rastro

A Policía Xudicial da Garda Civil está investigando se o home, desaparecido dende hai máis dunha semana, "marchou por propia vontade e está noutro sitio".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis dunha semana despois de iniciarse a procura do veciño da Ventosa, en Navia de Suarna, segue sen haber novidades sobre o ocorrido. As últimas actuacións levaron a iniciar un rastrexo das contas bancarias e do teléfono.

O alcalde de Navia, Pepe Fernández, manifestou que “non hai ningún sinal” desta persoa desaparecida o pasado 30 de abril. Neste sentido, indicou que llean “máis dunha semana buscando, andando por todo o pobo –pistas, camiños…– e non hai ningún sinal, de ningún tipo e ninguén chamou dicindo que o viron”.

Fernández lembra que é a Policía Xudicial da Garda Civil a que leva a investigación e apuntou que se está investigando “se marchou por propia vontade e está noutro sitio”. Así, nas últimas horas iniciouse unha revisión das contas bancarias, para tratar de rastrexar eventuais movementos e tamén no seu teléfono móbil, que quedou na casa o día en que desapareceu.

O alcalde de Navia indicou que se descoñece se a desaparición foi programada ou non. “Non sei se é algo programado, porque parece coma se fose todo moi organizado”, sinalou, sobre a súa impresión dos sucedido, respectodo que especulou con que “se pode ter ido por aí á aventura ou con algunha persoa, ou que el programara algunha cousa, pero non hai indicios de nada”. “Moita sospeita pero non sabemos nada fixo”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...