InicioSociedadeO primeiro paciente ingresado con coronavirus na UCI do HULA abandona a...

O primeiro paciente ingresado con coronavirus na UCI do HULA abandona a unidade tras 63 días

O home, natural de Becerreá, permanece hospitalizado en planta para seguir recibindo atención médica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O primeiro paciente ingresado na UCI do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) por COVID-19 deixou despois de 63 días a unidade de críticos, aínda que permanece internado en planta para seguir recibindo atención médica na súa convalecencia.

Segundo publica o diario El Progreso na súa edición de hoxe, Teolindo Fernández, un home natural de Becerreá e de 78 anos de idade, que vive en Suíza, onde emigrou moi novo, tivo que ingresar no HULA o pasado 14 de marzo, despois de chegar do país alpino. Foi diagnosticado de coronavirus.

Durante 63 días permaneceu na UCI do HULA debido á gravidade da súa situación, e era un dos catro últimos pacientes que estaban a ser tratados na unidade de críticos do hospital lucense.

Agora, tras mellorar a súa situación clínica, foi trasladado á unidade de hospitalización, segundo confirmaron fontes do Sergas a Efe. A súa saída da UCI foi celebrada con aplausos por parte dos sanitarios que se ocuparon do seu coidado durante os dous últimos meses.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...