InicioEconomíaEmprender de xeito sostible, da formación á realidade

Emprender de xeito sostible, da formación á realidade

Os estudantes dos centros de producción agropecuaria, xestión forestal e medio rural coñecen novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais nos campus da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Vicepresidente da Deputación e Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, entregou este xoves, no Salón de Actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Alta Montaña de Becerreá, os diplomas dos Campus de Emprendemento Sostible. Por primeira vez, esta programación impartiuse nos 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural. Trátase do propio CFEA, en Becerreá; do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei; así como o IES San Rosendo, en Mondoñedo.

Foron 54 alumnos do CFEA Alta Montaña os que participaron nos Campus de Emprendemento Sostible que ofrece o Executivo Provincial. Trátanse de estudantes dos ciclos formativos de grao superior de Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, e de grao medio de Traballo forestal e conservación do medio natural que se imparten neste centro do Concello de Becerreá.

Os mozos realizaron cursos de motivación e xeración de ideas e de maduración de ideas empresariais. Nestas dúas activades formativas os estudantes coñeceron novas tipoloxías de empresas con valores sociais e medioambientais, que se presentan nos Campus coma un exemplo de boas prácticas coa contorna e coas xeracións do futuro; e afondaron sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira dun negocio.

Para finalizar a formación, os rapaces visitaron ás instalacións de varias empresas lucenses, onde tiveron a ocasión de coñecer de primeira man iniciativas empresariais exitosas enmarcadas na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Unha vez rematado o campus ofrecéronse unha serie de titorías para prestar asesoramento persoalizado ao alumnado que desexou continuar o traballo de maduración das súas ideas iniciado durante o campus.

21 empresas creadas

A formación gratuíta ofertada polo Executivo Provincial a través destes Campus permitiu, polo de agora, a creación de 21 novas empresas na provincia de Lugo. Estas son as seguintes: A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fernández Díaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Príncipe (Cervantes); Explotación Extensiva de Gando Vacún (Sarria); Abadía (Mondoñedo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondoñedo); Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerreá); Artesanía Calabazas Mago de Luz (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caserío Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, más que electricidad (Lugo); Hotel Os Ancares (Becerreá).

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...