InicioAncaresNova vida para unha aldea do Cebreiro

Nova vida para unha aldea do Cebreiro

O Ministerio de Fomento convocou un concurso de proxectos con xurado para a selección de dez propostas de rehabilización.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento adxudicou por máis de 596.000 euros as obras de recuperación da aldea de Fonfría, situada no municipio lugués de Pedrafita do Cebreiro e por onde transcorre o Camiño Francés. Segundo informa o departamento que encabeza José Luís Ábalos, a actuación, que se encadra no conxunto de accións para mellorar as rutas do Camiño de Santiago na Coruña e Lugo, consistirá na redución de impato visual das edificacións na zona.

O Ministerio de Fomento convocou un concurso de proxectos con xurado para a selección do dez propostas que completan o conxunto da intervención. As obras, que corresponden ao primeiro proxecto que se licitou, está previsto que arrinquen o próximo mes de maio e executaranse nun período de seis meses.

A actuación contempla a pavimentación do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo de Fonfría, onde tamén levará a cabo o tratamento das zonas de acceso ás edificacións adxacentes, o soterramento de instalacións de saneamento, abastecemento, electricidade, iluminación e telecomunicacións.

Ademais, o proxecto tamén consiste na instalación dun novo sistema de iluminación “máis acorde” co carácter patrimonial do núcleo e no que se terán en conta criterios actuais de eficiencia enerxética, segundo destaca o Ministerio de Fomento.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...