InicioAncaresQueres ter formación gratis para ser guía de Turismo científico?

Queres ter formación gratis para ser guía de Turismo científico?

O curso diríxese a persoas que desexen especializarse en Turismo Científico para guiar grupos e divulgar os recursos naturais de calquera disciplina científica: botánica, xeoloxía, zooloxía...nestes dous espazos naturais da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno da Deputación ofrecerá formación para capacitar a profesionais como Guías OBSERVER de Turismo Científico nas Montañas de Ancares e Courel. Os destinos con esta distinción da provincia, disporán así de guías acreditados por OBSERVER, con coñecementos específicos para guiar a grupos e explicar os valores e recursos destes espazos naturais desde unha óptima vinculada a calquera disciplina da ciencia como a botánica, a zooloxía ou a xeoloxía entre outras.

Os contidos do curso están deseñados para que o alumnado desenvolva de xeito eficaz actividades de Turismo Científico nestes espazos de gran riqueza natural. Os participantes afondarán nos principios e a historia do Turismo Científico e do ecoturismo, lexislación, figuras legais de protección así como os recursos naturais e culturais de Ancares e Courel. Tamén recibirán aprendizaxe en metodoloxías para deseñar actividades; dinámicas de grupo, atención ao público e estratexias e técnicas interpretativas. Achegaránselles materiais propios sobre estes espazos protexidos, documentos de apoio e exercicios.

Ancares e Courel, Espazo Observer Turismo Científico

Os destinos de Turismo Científico OBSERVER son espazos naturais protexidos que desenvolven un modelo turístico pensado especialmente para divulgar os seus valores naturais e conservalos. Recentemente, o enclave natural dos Ancares e o Courel recibiu a certificación Reserva Observer Turismo Científico que avala o potencial deste territorio como reserva científica. Trátase dun proxecto impulsado polo organismo provincial en para o que achegou preto de 70.000 euros cos que impulsar un turismo sostible.

As montañas dos Ancares e Courel recibiron recentemente a certificación Espazo Observer Turismo Científico que avala o potencial deste territorio como reserva científica grazas a un proxecto impulsado polo organismo provincial en agosto de 2018. Este distintivo permitirá desenvolver unha estratexia con preto de 10 accións a desenvolver ata agosto de 2019, para impulsar estes recursos naturais e facer divulgación científica.

Destinatarios

O curso diríxese especialmente a profesionais e empresas do sector situadas na contorna socio-económica de Ancares e Courel. Tamén poden participar outras persoas que pretendan desenvolver o seu traballo nese mesmo territorio e precisen formarse e especializarse en Turismo Científico para guiar e divulgar os valores desta zona, concienciar para a súa conservación e dinamizar grupos neste espazo protexido.

Lugar de celebración e obtención do certificado

O curso desenvolverase en horario de mañá e tarde os días 29 e 30 de abril en Lugo, na Aula NORVET da Facultade de Veterinaria da USC do Campus, e os días 6 e 7 de maio no Concello de Quiroga, no Aula CEMIT da Casa da Cultura. A formación terá unha duración de 30 horas e é totalmente gratuíta. Para a obtención do certificado será obrigatorio asistir a un mínimo de 25 horas formativas e superar unha proba final.

As prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse no email guias@observersciencetourism.com indicando: nome e apelidos, DNI, e motivo polo que está interesado neste curso. Pódese obter máis información nos teléfonos 881 97 96 30/ 677 347 259.

ÚLTIMAS

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...

O PP de Lugo denuncia un “estado total de abandono” do Museo Interactivo de Historia

O Partido Popular de Lugo acusou ao Goberno local de ter "nun estado total...

Preestrea do filme ‘Sirat’ de Óliver Laxe en Navia de Suarna este domingo

O director galego Oliver Laxe preestreará a súa nova película 'Sirat' este próximo domingo,...