InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaAsí están as estradas da Montaña de Lugo pola neve

Así están as estradas da Montaña de Lugo pola neve

A Deputación despexa de neve e xeo 57 estradas provinciais que discorren por 7 concellos da Montaña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo despregou 27 operarios e 18 máquinas e vehículos para limpar as estradas da rede viaria provincial que se viron afectadas polas nevaradas desta noite. O dispositivo despregado pola institución provincial traballa en 57 vías de sete concellos da zona da Montaña. Os equipos facilitaron a circulación e garantiron a seguridade despexando as estradas de neve e xeo, e atendendo as incidencias producidas durante a madrugada do venres.

Os concellos afectados son Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro e Quiroga. Durante a primeira hora deste venres, nas vías destes municipios transitouse con dificultade polas nevadas das últimas horas e o xeo, sen cortarse ningunha vía.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 27 operarios, 9 máquinas quitaneves con saleiro e 9 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.

As estradas provinciais afectadas polo temporal de neve son as seguintes:

Folgoso do Courel: LU-P-1301, “De Seoane De Courel a Pedrafita”; LU-P-1303, “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304, “De Mostad por Romeor a Casares”; LU-P-1305, “De Campa por Vilar a Alto do Boi”; LU-P-1306, “De la LU-651, En Megoxe a Herrería de Incio”; LU-P-4501, “Del Poio, por Louzarela y Teixeira a la de Samos a Caurel y acceso a Meiraos”; LU-P-4701, “De Pobra do Brollón, por Parada dos Montes”; LU-P-4505, “Del Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004, “De Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-5601, “De Samos a Caurel y Rampa a Santa Mariña”.

Cervantes: LU-P-1401, “De LU-723, por Degrada y Piornedo al límite provincial”; LU-P-1404, “De San Román a Quindós”; LU-P-1405, “De Campa da Braña a tres obispos”; LU-P-1411, “De Vilanova al Portelo”; LU-P-1412, “De Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”; LU-P-0702; LU-P-1401; LU-P-1402; LU-P-1403; LU-P-1404; LU-P-1406; LU-P-1407; LU-P-1408; LU-P-1409; LU-P-1410; LU-P-1411; LU-P-1412; LU-P-3505; LU-P-4505.

A Fonsagrada: LU-P-1906, “De Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601, “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-1901, “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-4606, LU-P-4811, todas afectadas.

Navia de Suarna: LU-P- 3501, “Paradela al Alto do Restelo”; LU-P-3502 “De Muñis a Rao”; LU-P-3508, “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “De Navia por Silvouta”; LU-P-3509, “De Navia al alto de Labiadas”; LU-P-1901, “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-3503; LU-P-3505; LU-P-3509; LU-P-3511; LU-P-3512.

Negueira de Muñiz: LU-P-3601, “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602, “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias” .

Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, “De Pedrafita al Portelo”; LU-P-4503, “De San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-1301; LU-P-1304; LU-P-4501; LU-P-4502.

Quiroga: LU-P-5001, “De Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004, “De Cruz de Outeiro, por Seara y Ferramulín al límite provincial”; LU-P-5002; LU-P-5005.

ÚLTIMAS

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Miguel Fernández elude situarse sobre os candidatos a presidir o PSOE provincial

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, eludiu situarse e explicar a que candidato apoiará no...

Conduce cara o centro de Lugo superando 7 veces a taxa de alcol, co permiso sen vixencia e facendo eses

A Policía Local de Lugo interveu a pasada madrugada a un condutor que superaba sete veces a...