InicioDeportesMedio milleiro de ciclistas asaltan os cumes dos Ancares

Medio milleiro de ciclistas asaltan os cumes dos Ancares

Os participantes partiron de Pedrafita do Cebreiro e chegaron ao Alto do Cebreiro tras pasar polas Nogais, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes. Destacaron a dureza e a beleza do percorrido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha festa ciclista con medio milleiro de valentes asolagou este domingo as estradas máis salvaxes e impresionates dos Ancares lucenses. Foi na primeira edición do Ancares Cycling Marathon, unha proba que nace coa vontade de converterse no Gran Fondo de referencia na alta montaña en Galicia e poñer en valor as espectaculares paisaxes e a potencialidade deportiva e turística do Parque Natural dos Ancares.

O pelotón contou coa participación de nomes do ciclismo como César García Calvo, Iván Raña, Gonzalo Rabuñal ou Delio Fernández. Inicialmente, estaba prevista a participación, co dorsal número 1, de Miguel Induráin, que finalmente non puido desprazarse a Lugo tras ser contacto estreito dun positivo en covid.

Na ruta longa, o máis rápido foi David Mayo (4’21’’48) e a primeira muller en entrar en meta foi Barca Toba (5’38’00). En canto ao medio fondo, o máis veloz foi o italiano Nicola Ciancaglini (3’14’’26) e a primeira muller, Uxía Fernández García (4’20’’32). O mellor equipo foi o Monte Neme Calvo de Carballo.

A xornada arrincou ás 9,00 horas en Pedrafita do Cebreiro e transitou cun impresionante ceo asollado por este municipio lucense, así como por As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes. O final foi no coñecido Alto do Cebreiro que, durante séculos, serviu de porta de entrada a Galicia para os peregrinos que realizan o roteiro francés do Camiño de Santiago.

Os participantes realizaron dúas rutas: unha longa, de máis de 120 quilómetros e 3.400 metros de desnivel, e unha curta, con case 94 quilómetros e un desnivel de 2.500 metros. Tras a saída en Pedrafita e unha primeira parte máis relaxada, os corredores subiron o alto de Sete Carballos, en primeiro lugar, e A Pitinidoira, en segundo. A partir de aí, a ruta curta accedeu cara ao Alto do Cebreiro, mentres que os da longa subiron tamén Vilasol. Un recorrido excepcional cargado de beleza e do que os corredores destacaron a súa dureza.

PROTOCOLO COVID

Esta proba, promovida pola área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e organizada polo Clube Ciclista Cidade de Lugo, da man de EME Sports, estaba programada para 2020. Con todo, a irrupción da pandemia de covid-19 obrigou a aprazala ata este mes de agosto.

Na situación actual, así mesmo, desenvolveuse un estrito protocolo de seguridade para garantir que este será un evento 100% seguro, selo de calidade do deporte galego. Para iso, a xornada previa ao gran fondo, o sábado 7, a organización puxo ao dispor de todos os participantes e persoal involucrado un test de antíxenos totalmente gratuíto. Como alternativa, tamén se aceptou que os asistentes presentasen un test PCR ou antíxenos negativo realizado cun máximo de 72 horas de antelación.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...