InicioAncaresRenace o Ancares Cycling Marathon, o referente galego de Gran Fondo en...

Renace o Ancares Cycling Marathon, o referente galego de Gran Fondo en alta montaña

O evento, que tivo que ser aprazado pola pandemia, regresa cun protocolo de seguridade sanitaria e co obxectivo de converterse na referencia en Galicia do Gran Fondo de alta montaña

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois de que a pandemia de covid-19 obrigase a aprazar a celebración da primeira edición do que busca ser o Gran Fondo de referencia en Galicia en alta montaña, o Ancares Cycling Marathon regresa este 2021 con forza para encher de ciclismo as estradas da montaña lucense o próximo 8 de agosto.

Esta nova proba busca converterse no referente galego de Gran Fondo en alta montaña, grazas en boa parte ao incomparable marco que ofrece para os corredores o Parque Natural dos Ancares, que combina a dureza das súas estradas coa beleza das súas paisaxes indómitas. Un escenario diferente para unha proba que une esforzo deportivo e atractivo turístico.

Con todo, esta primeira edición estará condicionada, como non pode ser doutro xeito, pola pandemia. Tras un ano de traballo desde o seu obrigado aprazamento en 2020, celebrarase finalmente con todas as garantías de seguridade a través dun protocolo adaptado á cita, que fará deste un evento 100% seguro. Os detalles daranse a coñecer na presentación oficial, este mesmo venres.

O Ancares Cycling Marathon está organizado polo Clube Ciclista Cidade de Lugo, que camiña da man coa empresa EME Sports, que suma aos seus pioneiros medios materiais e humanos a experiencia cultivada na organización do exitoso Gran Fondo Ézaro, que reúne cada ano na Costa da Morte a máis dun milleiro de corredores e que constitúe un referente internacional.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...