InicioA UlloaPalas de ReiO incendio forestal en Palas de Rei xa queimou 70 hectáreas

O incendio forestal en Palas de Rei xa queimou 70 hectáreas

O lume sitúase na parroquia de Moredo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio forestal declarado durante esta madrugada no concello lucense de Palas de Rei afecta xa a unhas 70 hectáreas, segundo informou a Consellería de Medio Rural.

O lume iniciouse ás 5,27 h. desta mañanciña e, segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 2 axentes, 7 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...