InicioA UlloaMonterrosoO CCG chama a investir máis na cultura do rural cun acto...

O CCG chama a investir máis na cultura do rural cun acto en Monterroso

O Consello presenta un informe que destaca as relacións entre cultura e a sustentabilidade dos territorios.

PUBLICADA O

Investir na cultura para evitar a morte do rural. Esa viría sendo a conclusión do informe informe Cultura e Sustentabilidade que o Consello da Cultura Galega presentou este xoves 8 pola tarde no concello lucense de Monterroso. O estudo do ente público galego chama a investir na cultura porque “contribúe á cohesión territorial e das comunidades locais” e pode ser “panca do cambio” necesario para un territorio máis “sustentable”.
De aí que o CCG, nun contexto de “despoboamento e transformación do rural”, chame a desenvolver máis investimentos que faciliten o desenvolvemento cultural da Galicia rural e axuden aos concellos non urbanos a manter esas estruturas coas que xa contan, entre as cales se atopan dez proxectos contemplados no propio estudo.
Estas conclusións parte dun extenso informe, coordinado polo investigador Fran Quiroga, onde se analizan esa decena de proxectos que “amosan unha diversidade de prácticas que dun xeito extenso responden á relación entre cultura e sustentabilidade”, propón recomendacións para unhas políticas públicas activadoras do cambio e inclúe un mecanismo de “autoavaliación” para medir o grao de sustentabilidade dun proxecto cultural.
MENOS CARTOS PARA MACROEVENTOS
O principio fundamental do estudo é que “a cultura contribúe á cohesión territorial e das comunidades locais”, razón pola que se propón que “os esforzos orzamentarios ou de programación non fiquen só nas grandes cidades ou macroeventos e que haxa un maior reequilibrio nas áreas rurais, en especial nas provincias de Ourense e Lugo”. Considérase que o acceso á cultura “é un mecanismo de reversión de inequidades e tamén de denuncia das inxustizas. Debe facerse un esforzo no fomento das culturas minorizadas, da promoción das linguas propias e da ecoloxía de saberes”, así como “potenciar a cultura de base”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...