InicioPolíticaO alcalde de Monterroso cesa os tenentes de alcalde e ábrese a...

O alcalde de Monterroso cesa os tenentes de alcalde e ábrese a gobernar co PSOE e CxG

Antonio Gato valorou que "a corporación de Monterroso resultou moi fraccionada" tras os comicios, polo que "hai que buscar fórmulas" que leven ao municipio "á gobernación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Monterroso, o independente Antonio Gato, cesou ao seu tres compañeiros de lista e tenentes de alcalde e deixou aberta a posibilidade de gobernar co PSOE e Compromiso por Galicia (CxG).

Nas eleccións municipais do 26 de maio, Gato concorreu na lista Independentes por Monterroso, coas que sacou catro concelleiros fronte a tres do PSOE, tres do PP e un de CxG. O rexedor fora un referente socialista na provincia, xa que tamén foi portavoz na Deputación e no Parlamento de Galicia.

Antonio Gato valorou este martes que “a corporación de Monterroso resultou moi fraccionada” tras os comicios, polo que “hai que buscar fórmulas” que leven ao municipio “á gobernación”. “Máxime cando se produciu unha espantada –dos seus compañeiros– que complicou a situación”, resumiu.

“É evidente que o alcalde e os grupos municipais que están comprometidos por Monterroso deben facer o máximo esforzo posible para porse de acordo e iniciar unha nova etapa”, sentenciou.

O alcalde, quen dirixiu os últimos 15 días o Concello desde o hospital e desde a súa casa tras dúas intervencións coronarias, destacou que tanto PSOE como CxG xa expresaron “o seu compromiso e a súa vontade” de cooperar co goberno local.

“O PSOE manifestou o seu compromiso e a súa vontade de cooperar na gobernación do Concello e non poida rexeitar ningún tipo de ofertas. Iso mesmo tamén o manifestou Compromiso por Galicia e teño que engadir que en calquera dos dous casos os honra e moitísimo este interese por normalizar a vida local e que Monterroso recupere a senda do crecemento e do progreso”, expresou.

Aínda que se estea producindo ese achegamento sobre todo ao PSOE, do que foi un activo militante, Gato nega que nestes momentos se formulara regresar ao partido baixo cuxas siglas tamén foi alcalde. “Eu estou moi satisfeito de poder establecer un diálogo moi positivo desde a disposición desas dúas forzas políticas. A miña vida política e de militancia é o que menos interesa. O que máis interesa é Monterroso e a gobernabilidade de Monterroso”, proclamou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...