InicioPolíticaO alcalde de Monterroso gobernará a base de decretos tras a marcha...

O alcalde de Monterroso gobernará a base de decretos tras a marcha dos seus concelleiros

O independente Antonio Gato cre que o seu achegamento ao PP foi o que motivou que os seus edís pasaran ao grupo de non adscritos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Monterroso, o independente Antonio Gato, gobernará só e a base de “decretos”, sen xunta de goberno, tras a marcha dos seus tres concelleiros ao grupo de non adscritos.

Gato, un dos dirixentes históricos do PSOE de Lugo, portavoz no Parlamento de Galicia e na Deputación, presentouse baixo as siglas de Independentes de Monterroso o 26 de maio. Nos comicios logrou catro concellarías fronte a tres do PSOE, tres do PP e unha de Compromiso de Galicia. Finalmente, logrou ser investido cos votos dos populares.

O ACHEGAMENTO AO PP NON GUSTOU, PENSA

O rexedor enfróntase agora a un escenario en solitario tras a marcha dos concelleiros ao grupo de non adscritos. Neste sentido, mostrouse “absolutamente” convencido de que este feito vén motivado polo seu intento de buscar “un goberno de coalición co Partido Popular” co obxectivo de que a Xunta “financie proxectos que son o futuro do concello”. “Hai algúns que me acompañaban que vían reducidas as súas posibilidades (con ese pacto de goberno co PP)”, interpreta. Mentres tanto, Gato advertiu que seguirá de alcalde “ata que haxa unha moción de censura”. 

“O decreto vai ser o meu procedemento de goberno do municipio. Para calquera circunstancia que necesiten os veciños e veciñas asinarei decretos e con ese instrumento gobernarei en Monterroso, da mellor forma posible, da forma máis transparente posible e coa maior eficacia que eu poida”, comprometía finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...