InicioSucesosUnha colisión en Antas de Ulla obriga a excarcerar a un ferido...

Unha colisión en Antas de Ulla obriga a excarcerar a un ferido de consideración

O choque entre dous vehículos nunha recta saldouse con tres feridos e obrigou á intervención dos Bombeiros de Chantada para socorrer á persoa atrapada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Como consecuencia da espectacular colisión entre dous coches, os servizos de emerxencias tiveron que atender na noite do venres a tres persoas en Antas de Ulla. O impacto foi de tal magnitude que obrigou á intervención dos Bombeiros de Chantada, responsables de excarcerar a un home de certa idade atrapado no vehículo que conducía.

O accidente sucedeu na estrada que une o Pazo de Vilane e o Castro de Amarante, no termo municipal de Antas, arredor das 21.45 horas, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias. Coordinados polo persoal do 112 Galicia, recibiron aviso as urxencias sanitarias do 061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Chantada e o GES de Monterroso.

Malia a preocupación pola persoa excarcerada, que recibiu o peor do impacto, a vida dos afectados non corre perigo. As causas do choque non están claras, pois a pesar da escuridade tratábase dun treito recto sen problemas de visibilidade ou especial dificultade para a conducción.

+ posts

ÚLTIMAS

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...