InicioA UlloaPaseo guiado, gastronomía e música tradicional este sábado en Palas de Rei

Paseo guiado, gastronomía e música tradicional este sábado en Palas de Rei

Despois do gran éxito das catro primeiras xornadas en Friol, Guntín, Antas de Ulla e Castroverde, o vindeiro sábado 13 de xaneiro terá lugar a quinta experiencia “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pablo Taboada (alcalde do Concello de Palas de Rei), Lorena López Cedrón (xerente do GDR 4 e do Xeodestino Comarca de Lugo e Terrras da Ulloa), e Guido Álvarez Parga (impulsor do proxecto Guido Guía) anunciaron os primeiros detalles dun sábado 13 de xaneiro no que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

Guido Álvarez (proxecto Guido Guía), Pablo Taboada (alcalde de Palas de Rei) e Lorena López Cedrón (xerente do GDR-4) na presentación da V xornada “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía)

Guido Guía

Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) é un turismólogo, profesor universitario (no Grao de Turismo da UNED en Lugo) e guía moi recoñecido a nivel lucense e galego polas súas iniciativas turísticas e culturais diferentes e innovadoras. Foi recoñecido cun dos premios “Lucenses do ano 2020”, co Travelers Choice da plataforma TripAdvisor nos anos 2022 e 2023, e outros galardóns que o acreditan na súa labor profesional.

A inscrición para esta actividade é gratuíta, e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 238 000

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...