InicioA UlloaO GDR-4 e Guido Guía únense para dar a coñecer as comarcas...

O GDR-4 e Guido Guía únense para dar a coñecer as comarcas de Lugo e A Ulloa, comezando en Friol

Esta mañá, en Friol, presentouse este novo proxecto de promoción turística e cultural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vindeiro 29 de xullo, sábado, o GDR-4 e algúns dos concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) comezan un novo proxecto de promoción turística e cultural en colaboración co recoñecido guía e turismólogo lucense Guido Guía.

Será Friol, co apoio engadido do seu concello, o primeiro dos lugares onde se organicen estas actividades baixo o título “Descubrindo a comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía”. Nesta primeira xornada -gratuíta- o punto de encontro e final do paseo guiado -que terá lugar de 11h a 14h e será de dificultade media/baixa- será a Praza Andón Cebreiro. A maiores da ruta a actividade contará cun picnic posterior (ofrecido de balde pola organización e no que se incluirán produtos locais) e con música da comarca.

Este proxecto enmárcase nunha estratexia global do GDR-4, que xunto a Guido Álvarez Parga programan esta iniciativa que procurará poñer en valor as riquezas culturais, históricas, naturais, gastronómicas e artísticas de todos os concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa.

Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) é un turismólogo, profesor univeristario (no Grao de Turismo da UNED en Lugo) e guía moi recoñecido a nivel lucense e galego polas súas iniciativas turísticas e culturais diferentes e innovadoras. Foi recoñecido cun dos premios “Lucenses do ano 2020”, co “Travelers Choice” da plataforma TripAdvisor nos anos 2022 e 2023, e outros galardóns que o acreditan na súa labor profesional.

INSCRICIÓNS NA ACTIVIDADE: gratuítas, a través do correo info@comarcadelugo.gal e do teléfono 982 23 80 00

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...