InicioA UlloaPalas de ReiA planta de Altri en Palas usará principalmente eucalipto

A planta de Altri en Palas usará principalmente eucalipto

A Xunta demanda acelerar os trámites administrativos a pesar de que diversas asociacións apuntan á presenza de especies protexidas na zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente segundo da Xunta en funcións, Francisco Conde, instou este mércores ao Goberno central, á Deputación de Lugo e ao Concello a “traballar conxuntamente” e a emprender unha “axilización administrativa” dos trámites necesarios para que a compañía portuguesa Altri tome leste mesmo ano a “decisión final” de instalar a súa planta de fibras téxtiles no municipio de Palas de Rei, como xa anunciara. Unha reclamación que coincide coas denuncias de plataformas ecoloxistas apuntando á afectación ambiental da planta, que cualifican de “nova ENCE”. 

Así o manifestou o tamén conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, ao comezo dunha reunión co sector forestal na Cidade da Cultura de Santiago para presentarlles este proxecto. Tamén asistiron o conselleiro delegado de Altri, José Soares de Pina, o conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, e a directora xeral da Sociedade Impulsa Galicia, Enyd López.

Segundo o conselleiro, a planta de Altri en Pas –que previsiblemente empezará a operar en 2024 ou 2025– xerará “novas oportunidades non só de xeración de emprego de calidade”, cos 2.500 postos directos e indirectos que se prevé crear, senón tamén de “capacidade de dixitalizar o conxunto da industria forestal e promover proxectos innovadores” que atraian á Comunidade “novas investimentos” relacionados co téxtil. Non se pronunciou, pola contra, sobre as denunciadas afectacións ambientais.

“Temos que agradecerlle a Altri a confianza que está a ter en Galicia, que está a trasladar a todo o tecido produtivo”, insistiu o vicepresidente segundo en funcións, para seguidamente reclamar ao resto de administracións e ao sector que traballe “conxuntamente” para que a factoría “poida ter éxito”.

O PAPEL DO EUCALIPTO

Desde o punto de vista da Xunta, Francisco Conde confirmou que, cando o seu departamento reciba a solicitude, tramitarao como “proxecto industrial estratéxico”, o que permite axilizar os prazos. Iso si, engadiu, o procedemento será “garantista desde o punto de vista de toda a avaliación de impactos”.

Pola súa banda, o CEO de Altri subliñou a “oportunidade importante” que supón este proxecto “estratéxico para Galicia pero tamén para España”, xa que pode “agregar toda a cadea de valor” dos clústeres forestal e téxtil. Con todo, recalcou que a “decisión final de investimentos” tomarase “a final de ano”.

Así mesmo, ante as preguntas da prensa, Soares de Pina confirmou que “gran parte” da madeira empregada na factoría para obter a fibra téxtil será “de eucalipto”, porque é “a máis adecuada”. Sobre a posibilidade de empregar especies autóctonas, a empresa estudarao se “poden achegar valor” ao produto final.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...