InicioA UlloaSoben os casos de Covid en Lugo, con 173 infeccións máis

Soben os casos de Covid en Lugo, con 173 infeccións máis

A ocupación nos hospitais mantense sen cambios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha repunta nos contaxios novos de Covid detectados en Galicia freou a tendencia á baixa na evolución da pandemia, de maneira que, por primeira vez no último mes, aumentaron os casos activos de Covid, que se sitúan en 16.365 (256 infeccións máis que na última xornada).

Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas do mércores, nas últimas horas creceron os novos contaxios, ata os 1.539 (este mércores notificáronse 1.215 contaxios), con máis infeccións novas en todas as áreas sanitarias.

Así, na área de Lugo, Monforte e A Mariña hai 173 infeccións máis. Os casos activos son 2.041 (34 máis).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á ocupación das camas Covid nos hospitais galegos, o último informe de Sanidade reflicte unha lixeira repunta no número de persoas enfermas ingresadas en unidades convencionais, que sobe de 390 a 397, aínda que os pacientes ingresados en UCI son agora 28, un menos que hai un día.

Por áreas, nas de Santiago e A Coruña hai 6 pacientes respectivamente nas súas unidades de coidados críticos (un menos en Santiago e un máis na Coruña); na área de Vigo hai 5 pacientes en UCI con Covid (igual que hai 24 horas); nas áreas de Pontevedra, Ourense e Lugo non houbo cambios na ocupación da UCI, e manteñen 4, 3 e 3 pacientes respectivamente; mentres que en Ferrol, os pacientes críticos baixaron de 2 a 1.

En canto aos ingresados ‘en planta’, descenderon lixeiramente na Coruña e Ferrol, e subiron, tamén de forma lixeira, no resto de áreas sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...