InicioSociedadeSegue o aumento de casos Covid en Lugo

Segue o aumento de casos Covid en Lugo

Hai certa estabilización nos hospitais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou outros 988 novos contaxios de Covid-19, que supoñen 46 menos que os da xornada anterior, mentres que os casos activos seguen en aumento e sitúanse en 10.677 –que implican 473 máis–. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 260 –catro máis– e a taxa de positividade mantense nun 13 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, aumentan a 42 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –cinco máis– e descenden a 218 as hospitalizadas noutras unidades –unha menos–, mentres que 10.417 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios.

Na área de Lugo continúan catro pacientes Covid en UCI e descenden a nove os ingresados noutras unidades –tres menos–.

CASOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid-19 seguen en aumento en Galicia e ascenden a 10.677, que supoñen 473 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (988) que altas (512), ao que se engaden tres falecementos.

En concreto, as infeccións activas aumentan en todas as áreas sanitarias galegas agás na de Ferrol (-2), na que descenden lixeiramente. Na e Lugo aumentan en 8 casos e sitúase con 704 contaxiados activos.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...