InicioA UlloaAumentan a 14 os hospitalizados por Covid na provincia de Lugo

Aumentan a 14 os hospitalizados por Covid na provincia de Lugo

Na área sanitaria hai 684 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos seguen á alza en Galicia, con 9.564 –536 máis que a xornada anterior e 3.591 máis que hai xusto unha semana–, despois de rexistrarse 811 novos contaxios, 143 máis que o día anterior. Mentres, os pacientes hospitalizados aumentan a 251, cinco máis. Pola súa banda, a taxa de positividade sitúase nun 11,8% no conxunto de Galicia.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, son 35 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen variacións– e aumentan a 216 as hospitalizadas noutras unidades, cinco máis respecto da xornada anterior. Os pacientes en seguimento nos seus domicilios sitúanse en 9.313.

A presión hospitalaria descende lixeiramente na maioría das áreas sanitarias, con excepción de Vigo, A Coruña e a de Lugo, que pasa de 12 hospitalizados a 14.

MÁIS DE 9.500 CASOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia e sitúanse en 9.564, que implican 536 máis que a xornada anterior, tras haber de novo máis contaxios (811) que altas (267). As infeccións activas aumentan en todas as áreas sanitarias galegas, menos en Ferrol. Na provincia de Lugo hai 684 casos activos, cinco máis que hai un día.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...