Un incendio arrasa unha casa en Antas de Ulla sen deixar danos persoais

Foi a propietaria da casa a que se puxo en contacto co 112 para alertar do lume.

Bombeiros de Lugo | Concello de Lugo
Bombeiros de Lugo | ARQUIVO

Un incendio declarado este domingo nunha casa de madeira en Antas de Ulla deixou a vivenda totalmente calcinada, pero non produciu danos a persoas. Os feitos ocorreron o lugar de Santiso minutos despois das 13,00 horas. Foi a propietaria da casa a que se puxo en contacto co 112 Galicia para alertar do lume.

Seguidamente, ao ser avisados pola central de emerxencias, acudiron ata o lugar os bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso, a Garda Civil e medios forestais cunha motobomba para colaborar e abastecer de auga ao resto de servizos de emerxencia desprazados.