InicioA UlloaSeguen baixando os casos activos de covid en Lugo

Seguen baixando os casos activos de covid en Lugo

Nas últimas 24 horas houbo 6 casos máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 aumentan a 40 –once máis que a xornada anterior–, mentres que os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 1.096 transcorrida unha semana desde inicio do outono. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus baixan a 57 –un menos– e a taxa de positividade mantense por baixo do un por cento na Comunidade galega.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade este mércores con rexistros ata as 18,00 do martes, baixan a 15 as persoas ingresadas en unidades de coidados intensivos –unha menos– e continúan 42 hospitalizadas noutras unidades de hospitalización, mentres que 1.039 pacientes permanecen en seguimento domiciliario.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aliviase lixeiramente na de Lugo, onde continúan dous pacientes en críticos e descenden a catro os doutras unidades –tres menos–.

MIL CASOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso no conxunto da Comunidade galega e sitúanse nos 1.096, ao haber de novo máis altas (102) que contaxios (40), ao que se suman dúas novas vítimas mortais. As infeccións activas baixaron nas sete áreas sanitarias, 11 na de Lugo que queda con 206 activos.

AUMENTAN OS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 aumentaron a 40, que implican 11 máis que os 29 rexistrados este martes despois de comezar esta semana con 33. Nas últimas 24 horas, foron confirmados 41 positivos con probas diagnósticas de infección activa –algúns poden corresponder a casos xa existentes–, 11 máis que o día anterior, dos cales seis corresponden á área de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...