InicioA UlloaBaixan os casos en Lugo pero a provincia volve situarse por riba...

Baixan os casos en Lugo pero a provincia volve situarse por riba da área de Vigo

Hai 322 casos, mentres que a de Vigo baixa a 318.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca o outono cun descenso dos indicadores da pandemia ao reducirse a 53 os novos contaxios de Covid-19 –unha trintena menos que a xornada anterior–, a 62 os pacientes hospitalizados –17 menos– e a 1.677 os casos activos –142 menos–. Ademais, a taxa de positividade baixa a un 1,78 por cento.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este xoves, con rexistros ata as 18,00 do mércores, redúcense a 19 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –catro menos– e a 43 as que se atopan noutras unidades –13 menos–. Mentres, hai 1.615 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria alíviase nas sete áreas sanitarias galegas. En concreto, na de Lugo baixan a dous os críticos –un menos– e continúan 13 noutras unidades de hospitalización.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente en Galicia e caen ata os 1.677, que implican 142 menos que a xornada anterior, despois de haber de novo máis altas (193) que contaxios (53), ao que se engaden os falecementos.

Deste xeito, a Galicia segue por baixo dos 2.000 casos activos de Covid-19 no inicio do outono, como en niveis do pasado mes de xuño –o día 28 dese mes había 1.653 infeccións–. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas sete, 21 menos na de Lugo que queda con 322 casos activos, pero volve superar á de Vigo, con 318.

BAIXADA DE CONTAXIOS

Os contaxios de Covid-19 descenderon ata os 53, que supoñen 31 menos que os 84 detectados este mércores; tras os 48 do martes e 61 do inicio da semana, polo que arrincan o outono por baixo do centenar.

Os positivos con probas de diagnóstico de infección activa confirmados nas últimas 24 horas ascenderon a 54, que implican 32 máis que a xornada pasada. Do total, catro son da área Lugo.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...