InicioSociedadeBaixan os casos activos da Covid en Lugo

Baixan os casos activos da Covid en Lugo

Con todo, a provincia concentra o maior número de novos casos de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos de Covid-19 en Galicia seguen en descenso na semana na que se acaba o verán e sitúanse en 2.071, así como os novos contaxios, que caen a 61 –catorce menos que o día anterior–, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus baixan a 93 –catro menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade redúcese a un 1,58% no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, con rexistros ata as 18,00 do domingo, baixan a 25 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid –unha menos– e a 68 as que se atopan noutras unidades. Mentres, hai 1.978 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria baixou na provincia de Lugo, onde continúan catro en críticos e descenden a 16 os doutras unidades –un menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos manteñen a tendencia descendente no inicio da semana na que conclúe o verán e sitúanse en 2.071, que supoñen 123 menos que o día anterior ao haber máis altas (184) que contaxios (61) e non notificarse falecidos este domingo. As infeccións activas volven descender nas sete áreas sanitarias, con 15 menos na área de Lugo que queda con418 contaxiados.

BAIXAN Os CONTAXIOS

Galicia arrinca a semana na que comezará o outono –este mércores– con 61 novos contaxios, que supoñen 14 menos que os 75 contabilizados este pasado domingo, polo que se mantén por baixo do centenar. En concreto, dos novos casos detectados con probas de diagnóstico de infección activa nas últimas 24 horas, que ascenderon a 61, un total de 16 corresponderon á área de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...