InicioSociedadeA situación da Covid estáncase na provincia de Lugo

A situación da Covid estáncase na provincia de Lugo

Hai unha ralentización na presión hospitalaria e nos novos contaxios, aínda que aliviase a situación nos contaxios activos que descenden case un cento e poden baixar xa do milleiro nos vindeiros días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia dobra a curva da quinta onda cunha melloría de todos os indicadores, incluída a presión hospitalaria –con 21 hospitalizados menos nas últimas 24 horas–, que tamén descende dunha forma máis pronunciada que en xornadas anteriores. Con todo, algúns indicadores soben na provincia de Lugo, a pesar da baixada xeralizada dos últimos días.

Así, os novos contaxios sitúanse nos 150 –un 15% dos casos que se rexistraban hai un mes, cando roldaban os 1.000 diarios– e as infeccións activas superan lixeiramente os 5.000 casos. A taxa de positividade, ademais, é do 3,66% –por baixo do 5% que marca a OMS–, a cifra máis baixa de toda a quinta onda.

Segundo a información notificada polo Sergas este mércores (con datos solicitados ata as 18,00 horas do martes), nas últimas horas confirmáronse 150 novos contaxios por este coronavirus, o que supón seis casos menos que os notificados a xornada anterior. Por áreas, as novas infeccións descenden en todas, excepto en Vigo, Lugo e Pontevedra. A área lucense rexistrou 26 contaxios, un máis que hai un día, con todo, seguen baixando o número de casos activos, que están en 1.050 casos (90 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas descenderon os pacientes ingresados por covid nos hospitais galegos, aínda que en UCI, aumentaron lixeiramente.

Así, mentres que hai 120 enfermos en unidades convencionais de hospitalización (24 menos que hai un día), hai outros 49 pacientes en unidades de coidados críticos (tres máis), deles, catro en Lugo (sen cambios).  En canto ás camas ocupadas en ‘planta’, descende o número en todas as áreas menos na de Lugo, que se mantén con 21 pacientes en unidades convencionais.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...