InicioSociedadeLugo suma outro cento de contaxios ata alcanzar a barreira dos 700...

Lugo suma outro cento de contaxios ata alcanzar a barreira dos 700 casos activos

Cinco persoas máis están sendo atendidas en unidades convencionais dos hospitais da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os contaxios de Covid-19 seguen disparados por encima do milleiro por segunda xornada consecutiva en Galicia ao repuntar a 1.342, que implican 245 máis que o día anterior e máis do dobre que hai unha semana, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 96, ao sumar 17 máis, e os casos activos ascenden a 8.319. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe ao 10%.

No que respecta á presión hospitalaria concretamente na provincia de Lugo, a área sanitaria deixa de ter ingresados en críticos –a xornada anterior contaba con dous– pero conta con oito noutras unidades –cinco máis–. Suma, ademais, 69 casos activos ata colocarse cun total de 700 infeccións rexistradas a día de hoxe na área lucense.

En toda Galicia foron confirmados 1.253 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 171 máis que a xornada pasada, dos cales 269 corresponden á área de Vigo; 263, á de Pontevedra e O Salnés; 207, á de Ourense; 184, á da Coruña e Cee; 178, á de Santiago e Barbanza; 100, á de Lugo; e 52, á de Ferrol.

En canto á taxa de positividade das PCR en Galicia, esta aumentou lixeiramente a un 10% tras situarse nun 9% o día anterior, descender a un 8,6% o mércores despois de dispararse a un 13,2 por cento o martes e comezar a semana nun 8%. Así, segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia, ata a semana pasada, non superaba desde o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...