InicioSociedadeO catedrático Antonio Rigueiro, premio Luís Porteiro Garea á promoción do uso...

O catedrático Antonio Rigueiro, premio Luís Porteiro Garea á promoción do uso do galego na USC

O xurado salientou a súa traxectoria científica, académica, cultural, cívica e social ao longo de toda a súa carreira na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xurado do IV Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC acordou por unanimidade recoñecer a traxectoria a prol do lingua galega de Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático no Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC. O xurado salientou a súa traxectoria científica, académica, cultural, cívica e social ao longo de toda a súa carreira na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, así como noutras iniciativas de divulgación científica e sociais.

O xurado reunido o pasado 1 de xullo, puxo o foco naquelas iniciativas que toman como referencia unha docencia universitaria exclusivamente en lingua galega, a súa dirección de máis de vinte teses de doutoramento e a súa longa traxectoria como autor de divulgación científica en galego. Tamén foi salientada a participación activa do profesor Rigueiro na elaboración e estandarización da terminoloxía galega no seu ámbito de especialidade e así mesmo a súa pertenza a sociedades científicas galegas como a Real Academia Galega de Ciencias, a Sociedade Galega de Historia Natural ou o Grupo Botánico Galego entre outros.

A entrega do premio terá lugar nun acto público que se desenvolverá na Universidade o día 16 de setembro. O galardón recoñeceu nas súas tres edicións precedentes os profesores Manuel Bermejo, Xosé Antonio Gómez Segade e Antón Costa Rico.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...