InicioSociedadeLugo suma 23 novos contaxios e aumenta lixeiramente os seus casos activos

Lugo suma 23 novos contaxios e aumenta lixeiramente os seus casos activos

No conxunto de Galicia, a taxa de positividade dispárase a un 5,7% e os pacientes ingresados por este coronavirus soben a 55, nove deles en UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión sanitaria pola pandemia de Covid mantense estable na área de Lugo, cun total de dous ingresados en UCI e tres noutras unidades. No que se refire aos casos activos, só sube en dous, ata os 224, de forma que se converte na área sanitaria onde menos soben as infeccións activas. Con todo, os seus novos contaxios, segundo os datos publicados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, aumentan ata 23. 

CONXUNTO DE GALICIA

Os novos contaxios de Covid-19 seguen disparados en Galicia no arranque do mes de xullo, con 271, polo que se manteñen por encima dos 200 por segunda xornada consecutiva; acompañado dun aumento dos casos activos a 1.994; así como da taxa de positividade, que repuntou a un 5,7%; mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus soben lixeiramente a 55, deles nove en UCI.

Nas últimas 24 horas foron confirmados 268 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA), segundo os datos actualizados por Sanidade, 11 máis que a xornada pasada, dos cales 62 se concentran na área de Pontevedra e O Salnés; 60, á da Coruña e Cee; 43, á de Ourense; 41, á de Vigo; 28, á de Lugo; 23, á de Santiago e Barbanza; e 11, á de Ferrol.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...