InicioSociedadeLixeira repunta de ingresos por Covid na área de Lugo, que mantén...

Lixeira repunta de ingresos por Covid na área de Lugo, que mantén a raia os contaxios

A taxa de positividade cae en Galicia ata o 1%.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pacientes ingresados pola Covid en coidados intensivos na área de Lugo aumentan a dous –un máis– e a catro noutras unidades –un máis–, segundo se desprende dos datos publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo. Con todo, os casos activos seguen baixando nesta área ata os 199, o que supón 17 menos ca na xornada anterior. Os novos contaxios detectados, pola súa banda, non superan os catro. 

Galicia, no seu conxunto, inicia a última semana antes do verán cunha lixeira repunta nos pacientes Covid hospitalizados, que aumentan a 69 –un máis–, e con 1.401 casos activos –61 menos–, mentres que os novos contaxios deste coronavirus redúcense a 56. Ademais, hai 18 pacientes Covid en UCI –tres máis– e 51 noutras unidades –dous menos–.

En canto á taxa de positividade, inicia esta semana cun 1,19 por cento tras pechar a pasada cun 1,66%. Por tanto, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...