InicioSociedade"Temos xente afectada moi nova que non tiña patoloxías previas"

“Temos xente afectada moi nova que non tiña patoloxías previas”

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte di que hai persoas que pasan "directamente da porta de urxencias ás unidades de coidados intensivos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, destacou de que as idades dos pacientes ingresados na provincia como consecuencia de procesos “graves por mor de infeccións por Covid-19 son cada vez máis baixas”.

“O que estamos a observar”, precisou en declaracións a Cope Lugo, “é que as idades dos pacientes ingresados”, tanto as unidades de hospitalización como nas de “críticos, son cada vez máis baixas”. Segundo Ares, esa situación é unha consecuencia directa, “un efecto fundamental, da vacina”, porque as persoas maiores xa están nunha porcentaxe elevada inmunizadas e “os procesos máis graves prodúcense nos grupos que están aínda sen vacinar”.

Ramón Ares aclarou que esas reaccións máis adversas están a producirse mesmo “en xente non que tiña patoloxías previas”. Así, recoñeceu que hai persoas que pasan “directamente da porta de urxencias ás unidades de coidados intensivos”. Nese sentido, insistiu na importancia de manter as medidas de seguridade xa coñecidas para evitar os contaxios, á espera de quede completada a campaña de vacinación.

+ posts

ÚLTIMAS

O goberno de Lugo pide que o “deixen traballar” para o nov centro de saúde do Sagrado Corazón

O Concello de Lugo quere aclarar á cidadanía que as recentes manifestacións do voceiro...

Piden 15 anos de cadea para un home acusado de acoitelar a parella da súa exmoza

Un mozo enfróntase a penas que ascenden a 15 anos de prisión acusado de...

 Obras nocturnas en Lugo na rotonda de Benigno Rivera con Infanta Elena

O Concello de Lugo inicia os traballos de renovación integral do firme na rotonda...

Obradoiro sobre a prevención do suicidio na adolescencia na UNED de Lugo

A UNED de Lugo organizará o vindeiro martes 29 de setembro, ás 18:00 horas,...