InicioSucesosPilar de Lara recorrerá ante o Constitucional a sanción coa que foi...

Pilar de Lara recorrerá ante o Constitucional a sanción coa que foi destituida

Así o anunciou o avogado da xuíza, Agustín Azparren, este venres tras coñecerse o fallo do Tribunal Supremo, no que ratifica a sanción do CGPJ pola xestión "desordenada e pouco rigorosa" de De Lara entre xuño de 2015 e outubro de 2018.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza Pilar de Lara presentará un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional contra o fallo do Supremo que confirma a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial que supuxo a súa destitución como titular do xulgado número 1 de Lugo e a suspensión durante sete meses e un día.

Así o anunciou o avogado da xuíza, Agustín Azparren, este venres tras coñecerse o fallo do Tribunal Supremo, no que ratifica a sanción do CGPJ pola xestión “desordenada e pouco rigorosa” de De Lara entre xuño de 2015 e outubro de 2018.

O escrito do TS sinala que “a xestión xeral dos asuntos no xulgado non alcanzaba os criterios mínimos de atención necesaria para o exercicio da función xurisdicional e a propia situación do xulgado era de xeito evidente consecuencia da forma desatenta e pouco coidadosa de atender as causas pendentes”.

Tanto a propia xuíza, que non quixo realizar declaracións, como o avogado, esperaban a decisión do Supremo, que ratifica a sanción imposta a De Lara por dilacións indebidas na instrución das causas do xulgado número 1 de Lugo.

Azparren asegurou que os datos estatísticos sobre este tipo de recursos revelan que “practicamente un 90 por cento das sancións que impón o Consello mantenas o Tribunal Supremo”. “Un sempre pensa que pode estar nese dez por cento (de admitir o recurso), pero o dato está aí”, razoou.

Neste caso, “como se dá a circunstancia de que xa cumprira a sanción, xa está noutro destino (Ponferrada), pois dentro do que cabe é o esperado”, engadiu o letrado.

Así as cousas, unha vez esgotada a vía xurisdicional, a defensa da xuíza seguirá pola vía do recurso de amparo ante o Constitucional que, no caso de tamén ser rexeitado, limitaría o camiño á presentación dun último recurso ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

En canto a prazos, o avogado de Pilar de Lara advirte que “é complicado, porque no Constitucional preséntanse moitos recursos de amparo e hai unha admisión inicial do trámite de recurso”.

“Son cousas que levan moito tempo, neste caso como xa está cumprida a sanción pois ao final o que queda é que lle poidan dar a razón tarde o que tarde. Contamos que isto vai durar bastante, contamos que entre un ano e dous anos póidase alongar”, manifestou Azparren.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...