InicioSociedadeContinúa á alza o número de pacientes Covid hospitalizados na provincia

Continúa á alza o número de pacientes Covid hospitalizados na provincia

Sanidade notifica 204 casos activos de coronavirus, os mesmos ca o día anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Estabilidade no número total de casos activos por coronavirus na área de Lugo. Segundo o último balance de datos de Sanidade, son 204, os mesmos ca onteNas últimas 24 horas detectáronse 13 novos positivos a través de PCR, unha cifra lixeiramente superior á da xornada anterior.

Con todo, segue en aumento a presión asistencial nos hospitais da provincia, que hoxe atenden 16 pacientes (+1). Deles, catro permanecen na Uci do Hula e outros doce están en planta (6 no Hula, 2 na Mariña, 4 en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, faleceron 213 persoas diagnosticadas de Covid-19 na provincia de Lugo, curáronse 11.965 e realizáronse 222.226 probas PCR.

GALICIA

Tendencia semellante é a que se experimenta no conxunto da comunidade galega, onde se mantén a tendencia á alza na presión hospitalaria (220 pacientes, o que son seis máis). Á súa vez, os casos activos volven incrementarse lixeiramente, pero os novos contaxios detectados caen. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...