InicioSociedadeLugo suma 11 novos positivos e mantén estable a presión hospitalaria

Lugo suma 11 novos positivos e mantén estable a presión hospitalaria

Os casos activos pegan unha lixeira baixada ata os 158.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este domingo, 11 de abril, unha lixeira baixada nos casos activos, que descenden en dous para quedar nun total de 158 pacientes con coronavirus, posto que as altas superaron os novos casos diagnosticados na provincia. Nas últimas 24 horas confirmáronse 11 novos positivos a través de PCR, segundo os datos que ofrece este domingo a Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do sábado

Pola súa banda, a situación nos hospitais non experimenta cambios. Segundo o balance de datos de Sanidade, a área de Lugo-A Mariña-Monforte mantense con catro pacientes en planta e tres en coidados intensivos, igual ca onte. Todas estas persoas están a ser atendidas no Hula.

GALICIA

No conxunto de Galicia, sete días despois do final da Semana Santa, a presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 repunta con cinco pacientes máis, ata o total de 172 persoas ingresadas. Isto prodúcese na terceira xornada consecutiva na que subiron, aínda que lixeiramente, a cifra de casos activos da enfermidade, que se sitúan nos 2.305. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial. 

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...