InicioLugo e contornaLugoDetidos dous mozos de Lugo dunha banda dedicada ao roubo con forza...

Detidos dous mozos de Lugo dunha banda dedicada ao roubo con forza en toda Galicia

Roubaban en campos de fútbol, vivendas, locais comerciais e garaxes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da ‘Operación Tronconus’, detivo dúas persoas de nacionalidade española de 21 e 22 anos, veciños de Lugo e Orbazai, como presuntos integrantes dun grupo criminal dedicado ao roubo con forza en polo menos oito campos de fútbol, vivendas, locais comerciais e garaxes en Galicia.

No rexistro dos domicilios dos detidos recuperáronse numerosos obxectos como armas curtas e longas, maquinaria, ferramentas, motores e outros efectos de diversa índole relacionados cos feitos delituosos investigados.

A operación policial iniciouse o pasado ano, cando a Garda Civil detectou un aumento da comisión de roubos con forza en campos de fútbol, garaxes e vivendas, situados ao longo de toda a xeografía galega. Impútaselles a comisión de polo menos 15 feitos delituosos.

Pola natureza e características dos roubos perpetrados este grupo criminal “estaba altamente cualificado e experimentado, realizando estudos previos dos seus potenciais obxectivos coa finalidade de actuar case sempre en obxectivos desprovistos de medidas de seguridade activa”, relata o Instituto Armado, como alarmas ou sistemas de gravación.

“Unha vez que tiñan asegurado o lugar forzaban o bombín das portas de entrada con ferramentas tipo panca para acceder e subtraer os efectos do seu interior”, indicaron as mesmas fontes.

OPERACIÓN ABERTA

Os efectos subtraídos eran postos a disposición de receptadores para a súa distribución e venda ao longo da xeografía estatal e de terceiros países.

Con esta operación, coordinada polo Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, a Garda Civil considera desarticula “unha activa banda delituosa”. A investigación continúa aberta e non descarta máis detencións nas próximas horas.

ÚLTIMAS

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...