InicioMedioambiente e PatrimonioOs Lagos de Lousada, declarados espazo privado de interese natural

Os Lagos de Lousada, declarados espazo privado de interese natural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno galego aprobou este xoves a declaración dos Lagos de Lousada, en Xermade (Lugo), como espazo privado de interese natural (EPIN), unha figura de protección pensada para áreas en mans de particulares nas que existen formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestres.

De igual modo, este EPIN recibiu o visto e prace ao decreto que aproba o seu plan de conservación, co obxectivo de obter a declaración definitiva que asenta as bases técnicas para preservar os principais valores naturais da área.

En concreto, o dos Lagos de Lousada é o segundo EPIN de Galicia, despois de que en 2011 o espazo natural das Sobreiras do Faro, en Oia (Pontevedra), recibise este distintivo.

Todas as actuacións previstas, entre as que se inclúen a eliminación de especies invasoras e a prevención fronte ao risco de incendios, terán un custo global de 13.000 euros que serán financiados polos propietarios dos terreos.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...