InicioLugo e contornaLugoPilar de Lara apura as investigacións das macrocausas antes do seu traslado

Pilar de Lara apura as investigacións das macrocausas antes do seu traslado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza Pilar de Lara apura as instrucións que de momento continúan ao seu cargo antes de que sexa asine a sanción do Consello Xeral do Poder Xudicial, pola que perderá o seu destino. En concreto, en macrocausas como a Carioca (sobre redes de prostitución), a Pokémon (sobre corrupción política), o Garañón (sobre urbanismo), ou a Pulpo (relacionada coa deputación).

O avogado da xuíza na acción disciplinaria, Agustín Azparren, acreditou que “ela esta realizando un esforzo superior ao que habitualmente desenvolve” para tratar, se no seu caso fose firme a sanción, “de acabar todo o que poida os procedementos en marcha”.

O avogado non cre que houbese “presións”, nin que se anticipase a resolución do castigo, de sete meses e un día de emprego e soldo e perdida de destino, para apartala destas macrocausas. “A finalidade non debe de ser esa. Hai que confiar que os órganos disciplinarios do Consello Xeral do Poder Xudicial non buscan outra finalidade distinta, o buscar si consideran unha conduta disciplinaria impor a sanción con independencia do que iso signifique con respecto aos procesos en marcha”, advertiu.

Aínda que a sanción aínda non foi “oficialmente” notificada, supón que os “motivos” polas que se pretende penalizar á maxistrada “serán os mesmos que houbo ata agora”, que ían na liña de dilacións indebidas sobre estas operacións.

Sexa como sexa, Agustín Azparren interpreta que “non hai falta de desatención“. “A conduta que todo o mundo coñece e que a propia inspección do CGPJ valorou de Pilar de Lara, desde hai anos, é totalmente contraria ao concepto de desatención, desidia ou deixamento”, subliña .

Desde que se reciba a comunicación da sanción disporán dun mes para presentar recurso ante o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, un recurso que podería sustanciarse no prazo de “entre un mes e tres meses”.

ÚLTIMAS

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...