Home Lugo e contorna Adxudicadas as obras de mellora da rede de abastecemento de auga en Outeiro de Rei

Adxudicadas as obras de mellora da rede de abastecemento de auga en Outeiro de Rei

0
Adxudicadas as obras de mellora da rede de abastecemento de auga en Outeiro de Rei
Mananciais de auga | Xunta de Galicia

A Consellería de Infraestruturas adxudicou as obras para mellorar a rede de abastecemento de auga do municipio lucense de Outeiro de Rei, que dispoñen dun orzamento de 600.000 euros.

Os traballos serán executados pola empresa Petrolam Infraestruturas, que deberá concluír a actuación nun período máximo de seis meses.

Segundo informa este sábado a Xunta, o proxecto ten por obxectivo reforzar a subministración de auga no municipio lugués e consistirá na ampliación da actual rede de abastecemento.

O novo sistema proxectado por Augas de Galicia prevé dar servizo a unha poboación de 1.485 habitantes no horizonte do ano 2046, así como abastecer ao parque empresarial da Matela e ás explotacións gandeiras da zona.

+ posts