InicioDeportesRay McCallum é novo base de Cafés Candelas Breogán

Ray McCallum é novo base de Cafés Candelas Breogán

O xogador estadounidense xogou esta tempada 15 partidos en Euroliga con Darüşşafaka S. K. promediando 9.4 puntos, 4.09 asistencias e 3.7 rebotes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ray McCallum é novo base de Cafés Candelas Breogán. O xogador estadounidense reforza esta posición despois da lesión de Ricardo Úriz, que será baixa as vindeiras seis-oito semanas por unha lesión muscular de grado dous no adutor longo da perna dereita.

Ray McCallum procede de Aguas Calientes Clippers, da NBA G League, onde promediou 12.3 puntos e 3.3. asistencias, pero comezou a tempada en Darüşşafaka S. K., en Turquía, onde xogou esta tempada 15 partidos en Euroliga cunhas medias de 9.4 puntos, 4.09 asistencias e 3.7 rebotes.

A pasada tempada 2017-2018, xogou en Unicaja Málaga promediando 8 puntos, 3 rebotes e 3 asistencias en Liga Endesa e 9.2 puntos, 2.6 asistencias e 2.3 rebotes en Euroliga.

Ray McCallum xogou na NBA en Sacramento Kings (2013-2015), San Antonio Spurs (2015-2016) e Memphis Grizzlies (2015-2016) cuns promedios de 6 puntos e 2 rebotes.

Segundo Breogán, é unha fichaxe despois de acadar “recursos extraordinarios para acadar a incorporación sen perxudicar as axustadas contas do club”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...