InicioA UlloaElena Candia, convencida de que o PP volverá gobernar na Deputación de...

Elena Candia, convencida de que o PP volverá gobernar na Deputación de Lugo

Destaca as últimas fichaxes dos alcaldes de Barreiros, Palas de Rei e Chantada, algúns tras quedar absoltos por irregularidades e outros por fichaxes do partido a cambio de postos no Senado, como o de Chantada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, afirmou hoxe que o seu partido está “mellor situado” para conseguir o goberno da Deputación Provincial nas próximas eleccións locais que nas últimas convocatorias, nas que quedou a un único deputado da maioría absoluta e non puido asumir o mando da institución pola suma de nacionalistas e socialistas.

Candia mostrouse totalmente convencida de que o PP presentará candidaturas nos sesenta e sete municipios da provincia de Lugo, ademais de lembrar que, neste momento, os populares teñen “tres alcaldías máis, tanto Barreiros, como Palas de Rei, como Chantada“, cuxos rexedores locais se reincorporaron á formación política. “E seguimos sumando”, dixo Candia, porque “se sumamos témolo máis fácil”.

“Unha vez construídos os equipos, creo que imos na boa dirección. Si creo, con total humildade, que estamos mellor situados para conseguir o goberno da Deputación despois das eleccións municipais. Dígoo con total humildade e consciente de que queda moito partido por xogar“, engadiu en declaracións aos medios de comunicación, antes de entrar no pleno provincial.

En canto ás candidaturas, precisou que algunhas “non están anunciadas aínda”, pero tamén asegurou que o partido segue co proceso de confección das listas a “a bo ritmo”.

Tamén quixo agradecer a súa postura aos alcaldes que deron “un paso atrás” e participaron “nun proceso de renovación consensuada”, porque no PP “non sobra ninguén”, pero hai que buscar “esa fórmula entre renovación e experiencia, que tan necesaria é en todas as frontes políticas, pero sobre todo nos locais”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...