InicioLugo e contornaLugoNova manifestación contra os okupas en Lugo despois da misa do domingo

Nova manifestación contra os okupas en Lugo despois da misa do domingo

A empresa Desokupa conseguiu xa deshauciar a varios okupas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os veciños do barrio lucense das Gándaras volverán manifestarse o vindeiro domingo, despois da misa das 12,00 horas, contra os okupas que teñen invadida unha das casas da zona.

Despois de lograr que abandonasen dúas das tres vivendas que ocuparon, agora habitan na “casa da beira do colexio” do barrio, segundo sinalou o presidente da Asociación de Veciños Gatos Roxos, Jaime Gueimunde. Un feito que tivo lugar tras a chegada á cidade do grupo Desokupa, especializado no desahucio dos que ocupan vivendas con métodos que, nalgúns caos, rozan a ilegalidade.

RECUPERACIÓN DAS VIVENDAS

Esta empresa ten entre os seus integrantes a persoas vinculadas con milicias, coa ultradereita e con ex militares.

Precisamente, Gueimundo destacou que nunha das casas ocupadas e agora liberada a propietaria ata conseguiu “recuperar as chaves”. A pesar de “afrouxar” o fenómeno okupa nas Gándaras, Gueimunde anunciou que “hai que seguir reivindicando que se modifique a lei para que estas cousas no caso de que volvan ocorrer póidanse solucionar o máis brevemente posible”.

O domingo haberá unha nova concentración á saída da igrexa para seguir reivindicando contra a ocupación ilegal de vivendas, por unha mellor protección e vixilancia do barrio e para que os ocupas ante a idea de ocupar unha casa renuncien ao barrio das Gándaras”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...